Sobre o manual
Comezar con Ubuntu 16.04 é unha guía para principantes do sistema operativo Ubuntu. Está escrita cunha licenza de código aberto e é de balde para descargar, ler, modificar e compartir.
O manual axudaralle a familiarizarse coas tarefas diarias: navegar polo web, escoitar música ou escanear documentos. Poñendo énfase na sinxeleza ao seguir as instrucións, e é axeitado para todos os niveis de experiencia.
Características
Fácil de entender - o noso manual ten instrucións paso a paso e nunha linguaxe sinxela
Unha imaxe vale máis que mil palabras - moreas de capturas de pantalla que mostran como facer as cousas
Todo nun lugar - convenientemente localizado nun ficheiro, non ten que buscar na web para encontrar axuda
Curva progresiva de aprendizaxe - comece co básico e aprenda mentres practica en cada capítulo
Decenas de idiomas - traducido a máis de 52 idiomas, incluíndo capturas de pantalla traducidas
Licenza CC-BY-SA - descargar, modificar, reproducir e compartir tanto como queira
Sen custo - todos os nosos documentos están escritos por membros da comunidade de Ubuntu e son totalmente de balde
Doado de imprimir - Dispoñemos dunha versión optimizada para impresión coa fin de protexer as árbores
Sección de resolución de problemas - para axudarlle a resolver os problemas comúns en Ubuntu de forma rápida